A Empresa


//www.bioforestal.es/wp-content/uploads/2015/08/fabrica-de-pellets-de-madera-bioforestal.jpg

Biomasa Forestal

Unha aposta polo mundo da bioenergía

Nunha clara aposta ambiental e enerxética, Novas Tecnoloxías e Bioenergía (NTB) poñíase en 2012 á fronte de BIOMASA FORESTAL S.L., a planta de revalorización de residuos forestais para a fabricación de pellets de madeira con sede nas Pontes, tras a adquisición do 80% do capital da empresa.

Accuore Investimentos SL, Intacta Xestión Ambiental SL e Invespar Desenvolvementos SL – as dúas últimas sociedade filial e patrimonial respectivamente do grupo empresarial galego "Gestán"– realizaban así unha meditada aposta polo mundo da bioenerxía, en cuxo potencial confían plenamente. Un proxecto industrial co que pretenden impulsar o sector da biomasa e desenvolver todo o potencial que ofrece o pellet a nivel industrial e de consumo particular.

//www.bioforestal.es/wp-content/uploads/2015/09/sello-madeIra.png

Un ambicioso programa de produción

Os novos propietarios desenvolveron un ambicioso programa de adaptación das instalacións que Biomasa Forestal puxera en marcha en maio de 2011 nas Pontes, o que supuxo un investimento inicial de aproximadamente 2 millóns de euros. Unha medida coa que se duplicou a capacidade de produción, situándoa en 80.000 toneladas, e ampliouse o persoal que pasou de 5 a 18 traballadores, tal e como reflicte o actual Plan de Negocio.


Cunha produción inicial de 55.000 toneladas, que se ve incrementada ao longo do ano ata situarse en 75.000, a planta situada na localidade coruñesa das Pontes destínase á produción de pellet doméstico que, vendido a granel, diríxese tanto ao mercado nacional como ao internacional. A exportación ao estranxeiro é o seu principal obxectivo, destinando máis do 80% da produción ao mercado internacional. Os seus principais clientes son Dinamarca, Alemaña e Inglaterra, ata onde se fai chegar o pellet por vía marítima, con barcos fretados para tal fin desde o porto de Ferrol. O outro 20% do pellet producido ten como destino o mercado nacional, ao que chega a través de camións cisterna. Tanto nun caso coma no outro, son as grandes industrias, os complexos hospitalarios, os establecementos hostaleiros e os centros educativos os principais consumidores de biomasa.

//www.bioforestal.es/wp-content/uploads/2015/08/01-portada.jpg

Biomasa Forestal está considerada, tanto por produción como por capacidade, unha das maiores plantas de España.

https://www.bioforestal.es/wp-content/uploads/2015/08/fabrica-pellets-bioforestal-169x106.jpg