Biomasa Forestal é unha empresa galega con sede nas Pontes (A Coruña) dedicada á fabricación e á comercialización de biocombustibles sólidos, fundamentalmente pélets e estelas.

A fábrica está deseñada para unha capacidade de produción de 75.000 Tn de pélet ó ano. Está considerada unha das maiores fábricas de España, tanto por produción coma por capacidade.

Para fabricar 75.000 Tn de pélet precísanse derredor de 150.000 Tn de madeira que, no caso de Biomasa Forestal, procede de montes xestionados de forma sostible. Isto implica mantener a biodiversidade, produtividade, capacidade de rexeneración e vitalidade; así coma o seu potencial de cumprir, agora e no futuro, as súas importantes funcións ecolóxicas, económicas e sociais, a nivel local, nacional e mundial, sen prexudicar outros ecosistemas.

Conócenos
Saco Pellet

A nosa obsesión é obter un produto de alta calidade.

Biomasa Forestal é o fabricante de pélet español con maior número de certificacións de calidade e sostibilidade medioambiental: EnPlus A1, DinPlus, Galicia Calidade, FSC, PEFC, SBP e Pegada de Carbono; así coma a autorización BSL. Para obtener máis información sobre os diferentes certificados, preme aquí.

¿Qué significa ser o pélet español máis certificado?

Calor Aforro Eficiencia
Mantemento da túa estufa/caldeira
EN Plus ES 013
certificacion-337
Din plus
FSC
PEFC
TÜV
bsl

Estratexia enfocada á innovación e á mellora de procesos.

Colaboramos con diferentes axentes do ecosistema innovador para desenvolver novos proxectos, lanzar novos produtos ou optimizar o noso proceso produtivo (dixitalización).

Desta forma xorden novos proxectos para buscar solucións loxísticas para o ensacado (Conecta Peme), a mellora do aproveitamento da Biomasa (Life+) ou diferentes estudos coas Universidades galegas para buscar outras aplicacións do produto, coma o uso do pélet para leito hixiénico en granxas avícolas. A través dun programa de aceleración nace tamén a liña PETS bioforestal: pélets de madeira elaborados específicamente para o seu uso como leito hixiénico de mascotas.

Estrategia

Desde Galicia… para o mundo.

O abastecemento da materia prima e a fabricación do pélet para uso doméstico teñen lugar 100% en Galicia.

O monte galego xera cerca de 5,5 millóns de toneladas por ano susceptibles de ser aproveitadas de forma sostible. O seu uso en lugar de enerxías fósiles (gasóleo calefacción, gas, etc.) permitiría evitar a emisión de CO2 á atmósfera e representaría un aforro na compra de combustible próximo ao 50%.

A produción destínase a todo o mercado nacional e á exportación, principalmente países coma o Reino Unido, Francia, Irlanda e outros países da Unión Europea.

Os nosos clientes apostan por un biocombustible de presente… e de futuro.

Dende grandes cadeas de distribución de pélet ensacado ata consumidores de granel dos sectores agrícola-gandeiro, industrial, equipamentos públicos, establecementos hoteleiros, grandes superficies e particulares.

O número de equipos instalados veuse incrementando de maneira sostida un 20% nos últimos anos e prevese que continúe así. No 2019 prevese un crecemento na mesma liña, e o mesmo ata o 2022.

En consecuencia, o consumo de pélet en España ascendería en 2019 a 650.000 Tn fronte ás 573.000 Tn de 2018. Estímase que en 2022 se acaden as 950.000 Tn.

Ciclo