Grupo empresarial

GESTÁN MEDIOAMBIENTAL S.L., é unha EMPRESA AUTORIZADA COMO XESTOR DE RESIDUOS pola Xunta de Galicia nas actividades de transporte, almacenamento, valorización e eliminación. Conta con dous centros de tratamento en Arteixo e Sobrado dos Monxes, ambos na provincia da Coruña, e unha frota loxística para o transporte dos mesmos (máis de 1.000 colectores, 18 vehículos).

As súas principais actividades son:

  • XESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS INDUSTRIAIS.
  • XESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS URBANOS.
  • XESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS DE CONSTRUCIÓN e DEMOLICIÓN.
  • XESTIÓN DE RESIDUOS SANITARIOS.
  • LOXÍSTICA E TRANSPORTE.

TECNOLOXÍAS E TRATAMENTOS AMBIENTAIS S.L. (TTA) centra a súa actividade no DESEÑO, IMPLANTACIÓN E EXPLOTACIÓN (OUTSOURCING) de instalacións para o tratamento de augas residuais.
Así, mediante plantas móbiles de osmose inversa (tecnoloxía considerada Mellor Técnica Dispoñible para este tipo de augas residuais) xestiona os lixiviados de todos os vertedoiros de residuos industriais e urbanos que dispoñen desta MTD en Galicia:

  • GESTÁN
  • EYREGA
  • DANIGAL
  • SOGAMA

INTACTA GESTIÓN AMBIENTAL S.L. é a Enxeñería Ambiental do GRUPO GESTÁN. Pola súa natureza lidera a procura e o desenvolvemento en canto á diversificación do negocio e implantación de novos proxectos.

Tres son as áreas ás que se dedica: residuos, augas e enerxía:

  • DESEÑO (ENXEÑERÍA)
  • IMPLANTACIÓN (CONSTRUCIÓN)
  • EXPLOTACIÓN (OUTSOURCING)
  • SEGUIMENTO e MANTEMENTO

Así mesmo, puxo en funcionamento con ámbito xeográfico autonómico un Servizo de Emerxencias Ambientais (S.E.O.)

BIOMASA FORESTAL S.L., ten como fin producir un BIOCOMBUSTIBLE (pellets de madeira) a partir de biomasa forestal, poñendo en valor os montes galegos e favorecendo o medio ambiente.

En 2012 o grupo Gestán entra a participar maioritariamente en BIOMASA FORESTAL, S.L. para complementar a súa actividade no sector da bioenergía, utilizando como materia prima restos forestais de primeira ou segunda transformación da madeira (serradoiros, fábricas de mobles) e empregado como combustible de caldeira no proceso de secado de restos de biomasa de baixo valor (follas, cortiza, etc.) así como valorización de madeiras procedentes da reciclaxe.

Biomasa Forestal ten un modelo de negocio mixto:

    • Pellet granel dirixido á exportación por vía marítima desde o porto de Ferrol ou a grandes distribuidores nacionais por estrada.
    • Pellet ensacado dirixido a pequenos consumidores domésticos (nacional e exportación).