O proceso

Un proceso eco-eficiente

O biocombustible obtido da madeira transfórmase antes de ser entregado ao consumidor. A produción de calor doméstica e a climatización de servizos públicos (piscinas, complexos deportivos, etc…) son os usos máis estendidos. A madeira ten que ser partida ou procesada antes de ser introducida nas caldeiras e, segundo o tamaño e a forma dos anacos resultantes, estaremos a falar de achas ou de “pellet”.

Os pellets son óvulos fabricados a partir de achas de madeira e serrín; teñen forma cilíndrica, miden entre 1 e 2 cm de longo e 6 mm de diámetro. A súa forma homoxénea e a súa alta densidade enerxética presentan moitas vantaxes: mellor combustión, o feito de que tanto as estufas como as caldeiras poidan autoalimentarse e funcionar de forma máis autónoma, menos espazo para o seu almacenamento, facilidades para o seu transporte e comercialización, etc.

Descobre o proceso de fabricación do pellet paso a paso en imaxes