Pellet e aforro


//www.bioforestal.es/wp-content/uploads/2015/08/pellet-bioforestal-ahorra-calefaccion.jpg

O pellet de Bioforestal Pellet + é aforro

A biomasa é un combustible renovable.

É capaz de producir enerxía térmica e/ou eléctrica, dunha forma limpa, moderna, segura e económica.

Ofrece un menor prezo comparativo:

Aínda que é certo que presenta un maior investimento inicial, ofrece:

  • Menor prezo combustible e maior estabilidade (non depende de factores externos coma no caso dos combustibles fósiles).
  • Posibilidade de adaptar instalacións de gas ou gasoil xa existentes.
  • Operación e mantemento dos equipos automática.
  • Control electrónico e vida útil das caldeiras similar ás caldeiras de combustibles líquidos. A limpeza pode automatizarse.

Fonte de enerxía respectuosa co medio ambiente e medio social:

  • Emisión reducida de contaminantes.
  • Non contribúe ao efecto invernadoiro (balance neutro de CO2). (O CO2 emitido na combustión equivale ao absorbido polas plantas na súa etapa de crecemento.
  • Fonte de enerxía renovable.
  • Mantemento dos montes galegos: xera máis emprego a nivel local na CCAA que outras fontes enerxéticas.
//www.bioforestal.es/wp-content/uploads/2015/09/aforro-50-.jpg

PCI GASÓLEO: 10,28 Kwh/kg
PCI PELLET: 4,6 Kwh/kg
PREZO GASÓLEO: 7,95 c€/kwh
PREZO PELLET GRANEL: 3,38 c€/kwh

(*) fonte: IDAE, ENPLUS, propias. Datos aproximados.

Bo rendemento enerxético:

  • Ata un 93% de rendemento (caldeiras de rendemento equivalente ás de gasóleo ou gas).

Combustible de presente… e de futuro:

  • Por custo
  • Por dispoñibilidade
  • Polo seu respecto ao medio ambiente
//www.bioforestal.es/wp-content/uploads/2015/08/01-portada.jpg

Biomasa Forestal está considerada, tanto por produción como por capacidade, unha das maiores plantas de España.

https://www.bioforestal.es/wp-content/uploads/2015/08/palet-pellet-biomasa-forestal-169x106.jpg